O pasado xoves 19 a Bibloteca Municipal de Ferrol presentou a súa nova actividade para público infantil (nados e nadas en 2015, 2016 e 2017) como posta en valor da importancia destes usuarios e usuarias como parte activa da biblioteca. Unha actividade onde os verdadeiros protagonistas son os nenos e nenas e a súa opinión ao redor dos libros. Búscase involucrar ás persoas rexistradas mediante unha participación activa, un debate e escoita dos seus valores e opinións.
Para participar nalgunha das sesións é necesario anotarse previamente e retirar un libro dos propostos días antes da sesión para poder opinar e ser escoitadas por Ferrolisa.
Nestas sesións as nenas e nenos sorprenderon con marabillosas e razoadas achegas e alegacións. Demostraron unha importante posta en valor dos libros como elemento fundamental nas súas vidas así como da biblioteca e a súa colección, á que non están dispostas a renunciar. Nas súas propias palabras: …. “Os libros axúdannos a soñar e imaxinar, a crear un mundo na nosa imaxinación que nos axuda a pensar, a crecer e a axudarnos como persoas”..”Cos libros aprendemos”… “Sen o mundo da imaxinación a vida sería moito máis aburrida e sen os libros gran parte dese mundo da imaxinación non existiría”…. abrigo, e en opinión dos participantes:
Ferrolisa non ten dereito a vir doutro mundo e quitarnos os nosos libros!!!!
Como broche final de toda esta aventura, está programada unha última sesión especial que contará coa Profetisa Maior para a deliberación final, coincidindo coa celebración do DÍA DA BIBLIOTECA o 24 de outubro. Que mellor que combinar libros, día da biblioteca, e celebración para que os nosos lectores e lectoras poidan participar nunha actividade como esta en a que as profetisas de todo o mundo están dispostas a escoitarlles?
Non perdades a oportunidade de participar nun evento tan excepcional á vez que axudades a defender e formar parte do marabilloso mundo da biblioteca. Esperámosvos na biblioteca.