Necesidades |
"FERROLEARTE +60"
-Realizar un programa de actividades de claro perfil cultural/educativo, que complemente a outras accións promovidas dende esta e outras áreas do Concello, pero que teña en conta as características e necesidades propias do colectivo de persoas maiores de 60 anos.
-Benestar Social pretende dotar de actividades ata o período estival -aproximadamente do 15 de febreiro ao 15 de xuño- que atendan as inquedanzas das persoas maiores, asegunrando polo feito de ser de balde a posibilidade de que acudan todas as persoas que o desexen.
-O programa de actividades serán semanais nas que estean presentes, entre outras, visitas guiadas accesibles, conferencias e obradoiros específicos, nos que se combine o ocio coa educación e a cultura, e todo cunha visión concreta do envellecemento e vida saudables. |