Necesidades |
Están especificadas no informe do Xefe da Policía Local que figura neste expediente, que sinala: “Nas dependencias desta Xefatura existe unha sala destinada á composición dun CECOP (Centro de Coordinación Operativa) que se ten que activar obrigatoriamente en situacións de crisis recollidas no PEMU (Plan de Emerxencia Municipal) ou noutras situacións que as autoridades municipais así o decidan, como pode ser ante un dispositivo deportivo (carreira pedestre), festivo (cabalgata) ou cultural (concerto).
Como elemento de conexión entre o CECOP e o evento que se pretende cubrir existe o PMA (Posto de Mando Avanzado ou Unidade de Mando Móbil) onde se sitúan aqueles mandos inferiores dos distintos grupos operativos que actúan a pé de rúa directamente dando cobertura ao evento.
Coa finalidade de que tanto a sala CECOP como o PMA poidan ser operativos cómpre dotalos dos recursos e dispositivos necesarios para poder establecer unha conexión radiofónica e visual entre ámbolos dous e o sinistro ou dispositivo ao que se lle da cobertura, así coma con capacidade de xestión telemática para a transmisión de información telemática directa.
Dunha forma máis concreta cómpre dotar ao CECOP de:
- dúas pantallas de parede conectadas coa Sala do 092 para a xestión do evento conectados aos dispositivos do PMA
En canto ao PMA, cómpre dotalo de:
- dúas pantallas de parede conectadas co CECOP, un router 4G, un switch e un commutador.
- unha cámara inalámbrica de videovixilancia con capacidade para leer e procesar matrículas, así como capacidade de almacenamento e alimentación.
Así como todos aqueles elementos accesorios para a súa conexión.” |