Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2022037954
Asunto CONTRATO DE SUMINISTRO PARA A ADQUISICIÓN E COLOCACIÓN DE DOUS PORTALÓNS E CHAPAS DE PECHE NA ANTIGA NAVE DA ITV DE FIMO.
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 17969,47 €
Importe total 17969,47 €
Obxecto CONTRATO DE SUMINISTRO PARA A ADQUISICIÓN E COLOCACIÓN DE DOUS PORTALÓNS E CHAPAS DE PECHE NA ANTIGA NAVE DA ITV DE FIMO.
Necesidades A necesidade e características do contrato veñen recollidas no informe do Coordinador de Seguridade que figura neste expediente, no que sinala: “O presente departamento, en campañas anteriores, facía a recollida e traslado do material de praias a unhas dependencias do antigo Cuartel Sánchez Aguilera. Dende o presente ano o tellado de ditas dependencias vén a sufrir un deterioro considerable que fai inviable o almacenaxe nas mesmas. Dende o Concello xurde a posibilidade de gardar todo ese material, que inclúe mesas e cadeiras, padiolas, taboleiros espinais, comunicacións, placas solares, material de limpeza, DESAS, material sanitario diverso (tensiometros, pulsimetros, etc), táboas de rescate, floppys, tendas de avanzado, roupa, material de oficina, etc, na antiga nave da ITV de FIMO. Cara a facer de dito espazo un lugar seguro para gardar dito material é preciso a compra e colocación de dous portalóns e un bloque de chapas metálicas de peche. A presente compra ten a consideración de urxencia debido a que o material ten sido recollido con data do 15 de setembro de 2022 e trasladado inicialmente a antiga nave do Sánchez Aguilera co conseguinte deterioro do mesmo que terá carácter irreparable cando teñan lugar as primeiras choivas. O traslado ás novas dependencias considérase inminente se non se quere perder dito material, non soamente polo gasto económico senón tamén porque suporía, moi probablemente, non poder prestar o servizo a tempada que ven. Así mesmo, é importante destacar a falta de existencia de ningunha outra estancia, de titularidade municipal e dispoñibilidade, coa capacidade suficiente para albergar dito material. O material a subministrar así como as súas características son as seguintes: 1) Dous portalóns de 5 x5 metros coas seguintes características: Porta metálica seccional deslizante por guías superiores, monitorizada e con mando a distancia. Incluíndo colocación e perfecto funcionamento dos mesmos. 2) Chapas metálicas para tapiar un espazo de 50 m2, coas seguintes características: chapa metálica grecada de 0,6 mm e de 1mx1m, lacada. Incluíndo colocación. 3) Limpeza, retirada e xestión do lixo do interior da nave da antiga ITV de FIMO.

Adxudicación

Importe licitación 14650,8
Data adxudicación 20/12/2022 13:39:27
Adxudicatario PRACE SERVICIOS Y OBRAS S.A.

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B15349400 ALUMINIOS SANTALLA,S.L. Estrada San Xiao , 376. 15578-Narón 18150 €
B70449020 SIDEOBRA, SL Avda. Fernando VI, nº 92 baixo. 15403-Ferrol 18150 €
A70319678 PRACE SERVICIOS Y OBRAS S.A. AVDA. GONZALEZ NAVARRO, PARC. X-20 17969,47 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar