Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2022025373
Asunto Contrato menor dunha empresa para a prestación do servizo de asistencia técnica de auxiliares de socorrismo e patróns de embarcacións, de apoio ó Servizo de Socorrismo en praias-2022.
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 18089,5 €
Importe total 18089,5 €
Obxecto Contrato menor dunha empresa para a prestación do servizo de asistencia técnica de auxiliares de socorrismo e patróns de embarcacións, de apoio ó Servizo de Socorrismo en praias-2022.
Necesidades Veñen recollidas no informe do Coordinador de Seguridade que figura neste expediente, que sinala: “As competencias municipais sobre vixilancia das praias derivan do establecido no artigo 115 d) da lei 22/1988 de Costas. Segundo dito artigo, as competencias municipais abarcan a vixilancia e primeira intervención nas praias. Así mesmo, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia establece no seu artigo 80.2 como competencias propias do Concello a “seguridade en lugares públicos” e, no artigo 81 indica que corresponde a aqueles con poboación superior a 20 mil habitantes a protección civil. O Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios, no seu artigo 2 establece a figura do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios coas funcións auxiliares de información, primeiros auxilios e apoio do persoal de socorrismo acuático. Na presente tempada de praias, dadas as limitacións impostas pola Xunta de Galicia para a obtención da titulación de socorrista acuático, o Concello de Ferrol non dá cuberto as prazas necesarias para realizar ditas funcións auxiliares polo que é necesaria a contratación da figura do auxiliar que complete a carencia de socorristas. Así mesmo, a disposición por parte do servizo de material náutico fai necesaria a contratación desta figura coa titulación de patrón de embarcacións. Por ditos motivos, consideramos absolutamente necesario e urxente a contratación, a través dun contrato menor, dunha empresa que aporte dito servizo de persoal auxiliar e patrón de embarcación durante a tempada de praias 2022 como complemento ao servizo de socorrismo. O contrato establecido para a realización de dito servizo non supón, en ningún momento, para o Concello ningún tipo de vinculación económica posterior. Así mesmo, o Concello non ten capacidade para poder realizalo cos seus propios medios.”

Adxudicación

Importe licitación 14950
Data adxudicación 30/06/2022 14:50:54
Adxudicatario VIRAXES SL

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B70481908 TOP-RESCUE, S.L. Pablo Iglesias, 8, port, 3- 3º E. 15174-Culleredo- A Coruña 15008 A CORUÑA 18143,95 €
G10410140 Asociación Española de Clubes de Salvemento- AECSA Amistad, nº 9, 1º. 01003-Cáceres 14004 Cáceres 18137,9 €
B70213061 VIRAXES SL R/ Desiderio Varela, 8, baixo.Local 5. 15100-Carballo 18089,5 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar