Necesidades |
Que veñen recollidos no informe do Coordinador de Seguridade que figura no expediente:
“As competencias municipais sobre vixilancia das praias derivan do establecido no artigo 115 d) da lei 22/1988 de Costas. Segundo dito artigo, as competencias municipais abarcan a vixilancia e primeira intervención nas praias.
Así mesmo, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia establece no seu artigo 80.2 como competencias propias do Concello a “seguridade en lugares públicos” e, no artigo 81 indica que corresponde a aqueles con poboación superior a 20 mil habitantes a protección civil. Así mesmo, a Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil inclúe, no seu artigo 17, como servizos de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil aos servizos de atención sanitaria de emerxencia.
O Real Decreto 1397/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de Técnico en Emerxencias Sanitarias e fíxanse as súas ensinanzas mínimas indica, no seu artigo 4, que a competencia xeral do presente título consiste no traslado do paciente en ambulancia ao centro sanitario e prestar atención sanitaria no entorno pre-hospitalario. Así mesmo, a titulación en primeiros auxilios capacita para a colaboración nas emerxencias sanitarias nos diferentes areais de Ferrol.
(Relaciónanse neste informe as intervencións realizadas por este servizo no ano 2021)
En base ó datos aportados, considérase que a contratación do servizo sanitario en praias é vital para que o Concello de Ferrol preste a atención precisa e acorde á demanda actual de protección da cidadanía usuaria dos areais.
Con dita filosofía realízase solicitude de presuposto a tres empresas do sector cara ao presente contrato menor de servizos. Anteriormente, faise unha reserva de crédito específica con data do 23 de marzo de 2022.
O contrato establecido para a realización de dito servizo non supón, en ningún momento, para o Concello ningún tipo de vinculación económica posterior. Así mesmo, o Concello non ten capacidade para poder realizalo cos seus propios medios.” |