Necesidades |
A necesidade e obxecto do contrato vén definida no informe técnico que figura no expediente:
1.- OBXECTO
Ten como obxecto o presente prego definir as condicións necesarias para a contratación dun servizo
de autobuses lanzadera que durante a Semana Santa de 2022, realicen o servizo de transporte do
público entre o centro da cidade e o aparcadoiro disuasorio municipal situado en A Malata, como
medida para facilitar e pacificar o tráfico no ámbito dos Barrios polos que transcorren os desfiles da
Semana Santa de Ferrol, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
2.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO SERVIZO A PRESTAR
Debido aos distintos itinerarios existentes e dependendo do día e da confraría que organiza cada día
as procesións de Semana Santa, e partindo da base dun servizo que de cobertura ampla durante a
xornada, tódolos días, comenzando o domíngo día 10 de abril, deberá iniciarse o servizo ás 08.00
hrs. en cada cabeceira por un vehículo e manterse a frecuencia ininterrumpida ata ás 22.00 (hora da
última saída de cada cabeceira). Este horario ampliarase ata ás 00.00 hrs o Sábado Santo (día16 de
abril), ata ás 01.00 hrs o Mércores Santo (día 13 de abril) e ata ás 02.00hrs o Xoves e Venres Santo
(días 14 e 15 de abril respectivamente).
É preciso que se adiquen ao servicio 2 vehículos en exclusiva, de piso baixo, con 90 plazas de
capacidade , e dotados dunha rampla para acceso de personas de mobilidade reducida. Estes
vehículos deberán contar coa etiqueta medioambiental ECO, debendo estar dotados de cámaras de
vigilancia CCTV, detector de fatiga do conductor, DriveCam, purificadores de aire, Wifi, conectores
USB para cargar dispositivos móviles e desfibrilador.
Manterase un tiempo de viaxe de 15 minutos entre os dos puntos fixados (Praza de Galicia e
Aparcamento de A Malata,para o que se contará coa axuda da Policía Local do Concello de Ferrol
que priorizará a circulación deste transporte frente ao do turismo particular.
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:REWQV3IXVNCL568M
No caso de que ante unha afluencia de público maior do esperado, a empresa adxudicataria deberá
dispor de disponer de vehículos de reforzo nun espazo de tempo non superior a unha hora.
3.- PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO
O inicio do servizo a contratar comenzará ás 08.00 hrs do día 10 de abril, rematando ás 22.00 hrs do
día 17 de abril.
4.- ORZAMENTO DO CONTRATO
Establécense os seguintes honorarios de contrato:
Orzamento estimado 13.425,50 € máis IVE, 14768,05€
5.- CRITERIO DE ADXUDICACIÓN
O criterio de adxudicación do contrato será unicamente o económico.
6.- FORMA DE PAGO
Presentarase a factura correspondiente no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol. O pago realizarase
despois de contar o documento co informe favorable dos servizos técnicos municipais. |