Necesidades |
auditoria privada para a colaboración no control financeiro das subvencións PAME II, consistente na verificación do cumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das subvencións e que se que se cumpriron as obrigas dos beneficiarios recollidas no artigo 11 das bases reguladoras das axudas publicadas no BOP nº 66 de 05/05/2020.
a) A axeitada e correcta obtención da subvención por parte do beneficiario.
b) O cumprimento por parte de beneficiarios e entidades colaboradoras das suas obrigas na xestión e aplicación da subvención.
c) A axeitada e correcta xustificación da subvención por parte de beneficiarios e entidades colaboradoras.
d) A realidade e a regularidade das operacións que, de acordo coa xustificación presentada por beneficiarios e entidades colaboradoras, foron financiadas coa subvención.
e) A adecuada e correcto financiamento das actividades subvencionadas, nos termos establecidos no apartado 3 do artigo 19 da LXS.
f) A existencia de feitos, circunstancias ou situacións non declaradas a Administración por beneficiarios e entidades colaboradoras e que puidesen afectar ao financiamento das actividades subvencionadas, a adecuada e correcta obtención, utilización, goce ou xustificación da subvención, asi como a realidade e regularidade das operacións con ela financiadas. |