Necesidades |
Realización de obras de reparación urxentes no Centro de Emprego sito na rúa Sagrada Familia propiedade do Concello de Ferrol xa que tanto os edificios coma o peche presentan desamaños que deben ser reparados urxentemente para poder utilizar o centro de xeito seguro.
Os traballos que se necesitan realizar son: a limpeza da cuberta, dos caleiros e as baixantes dos dos tres edificios da parcela, colocación de estadas no contorno do edificio de aulas, reparación dos linteis, reparación das ventás afectadas, limpeza de toda a superficie de fachada, incluídos os aleiros, reparación e cosido de fendas de fachada, reparación de superficies afectadas de fachada,
incluídos os aleiros, aplicación de capa de imprimación acrílica a base de copolímeros acrílicos e impermeabilización de fachadas, recolocación de elementos de fachada, impermeabilización do encontro das ventás, colocación de verteaugas de aluminio, demolición do peche que separa o inmoble da parcela norte e reconstrución con cimentación... segundo o informe técnico |