Necesidades |
Obras de Protección do vial municipal dos Corrás, na marxe dereita do rego de Mïguez (Esmelle), Concello de Ferrol.
Segundo a Memoria que figura no expediente, na actualidade, na zona de Cha da Mariña, pertencente á parroquia de Esmelle, nas proximidades da Fonte do Conde, existe unha obra de drenaxe trasnversal (O.D.T) para permitir o paso inferior do cauce fluvial do regato de Míguez (dirección sur-norte) que cruza perpendicularmente a estrada que desde os lugares de Burreiros e Codesal comunica co lugar de Castiñeira e alcanza a Praia de Esmelle con dirección este-oeste.
A dirección da O.D.T. non é coincidente coa do regato augas abaixo, senon que á saída da O.D.T. se forma un pequeno meandro, o que orixina, en momentos de incrementos ocasionais do causal un socavamento das paredes de pedra e terra que confinan o regato, a á súa vez prrova un problema d estabilidade da pista que desde este punto conduce a Os Corrás.
Todo isto obriga a restrinxir o tráfico nesta pista e a realizar a sinalización provisional de emerxencia. |