Necesidades |
Garantir unha axeitada organización e xestión do mercado de Nadal 2021.
O obxecto do contrato é a realización da organización, control, produción local, instalación eléctrica, iluminación, e decoración do mercado de Nadal 2021-2022..
Entre as actividades a realizar están: a organización do mercado de Nadal (difusión, captación e selección de empresas para os postos, establecemento e control de horarios, e control e mantemento dos postos); o boletín eléctrico e toda a tramitación da conexión do servizo de electricidade tanto dos espazos comúns/intermedios como dos postos; as actividades de dinamización do mercado de nadal, de carácter cultural, lúdico ou recreativo; a decoración e iluminación: das casetas e dos espazos intermedios (con motivos típicos de nadal, e coa dotación do mobiliario necesario para os postos); a recollida de todos os elementos unha vez realizado o servizo; o control do mercado de Nadal; e a contratación dun seguro de Responsabilidade Civil |