Necesidades |
Na memoria xustificativa, asinada polo Xefe do Seis, indícase o seguinte:
O Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento é un servizo básico, por canto afecta ao salvamento de persoas e bens, á extinción de incendios e a actuacións ante calquera tipo de sinistro, catástrofe ou situación de risco, que esixen unha resposta rápida e eficaz, polo que é preciso contar cos medios materiais e técnicos axeitados.
A necesidade da contratación deste subministro ten como finalidade a renovación dos equipos de respiración autónoma (ERA) equipos de protección individual, os cales están sometidos a condicións de traballo esixentes que requiren dun mantemento conforme aos requisitos dos fabricantes e normativas que teñen que cumprir. Pola antigüidade e o estado destes equipos é necesaria a súa renovación, atendendo ás ofertas do mercado, valórase unha oferta “Plan renove” como a máis axeitada economicamente para a adquisición dos ERAs.
Dadas as características do contrato que se pretende realizar, que permite atender axeitadamente as necesidades do servizo, se considera idóneo e resulta xustificada a necesidade de proceder a sua contratación. |