Necesidades |
De acordo co manifestado no informe do enxeñeiro municipal, a escaleira nova do Servizo de Extinción de Incendios atópase fóra de servizo dende hai meses. Ao parecer, está fisicamente nun taller en Madrid, onde tratan de reparar a avaría, sen que á data teñamos máis información ao respecto. Con esta situación, que limita considerablemente a operativa ó Parque de Bombeiros, a escaleira vella tamén presenta desaxustes e avarías no mecanismo da escaleira. Este tipo de equipos son moi específicos (non se trata do camión, senón dos mecanismos da propia escaleira), e non hai moitas empresas que se dediquen a este tipo de actividade. Non se coñece dende logo ningunha en Galicia (consultouse con varias, pero non se atopou ningunha), polo que solicitóuselle á empresa Iturri, especializada neste tipo de maquinaria e con talleres en Madrid. A empresa presenta o presuposto que se achega no expediente pola realización de traballos de mantemento preventivo e reparación dunha polea que está rota. |