Necesidades |
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria emitiu unha resolución pola que outorga unha subvención ao Concello de Ferrol para o desenvolvemento do ”Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2019/20” coas seguintes características:
Expediente:TR332A 2019/18
Programa: "Programa Integrado de Emprego Concello de Ferrol 2019/20"
Participantes: 100 persoas beneficiarias
Subvención:197.500,00€
Cofinanciamento municipal: 49.375,00€
Execución: anualidades 2019 e 2020
O persoal técnico adscrito ao Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2019/2020, emitu un informe no que expoñen as necesidades e idoneidade do obxecto do contrato cuxo contido queda reflectido nos parágrafos seguintes e que se achega como soporte documental.
O obxectivo é conseguir que os participantes no programa dispoñan de ferramentas de atención ao público, técnicas de venda e escaparatismo proporcionándolles así alternativas de ocupación en distintos sectores laborais vinculados ao comercio. |