Necesidades |
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria emitiu unha resolución pola que outorga unha subvención ao Concello de Ferrol para o desenvolvemento do PIE "Ferrol Inserta 8" coas seguintes características:
Expediente:TR332A/2018/021
Programa: "Ferrol Inserta 8"
Participantes: 100 persoas beneficiarias
Subvención: 145.000,00€
Cofinanciamento municipal: 36.250,00€
Execución: anualidades 2018 e 2019
O orientador laboral do programa "Ferrol Inserta 8", José Manuel Grandal Campos, emitiu un informe no que expón as necesidades e idoneidade do obxecto do contrato cuxo contido queda reflectico nos parágrafos seguintes e que se achega como soporte documental.
Conseguir que todos os participantes no programa dispoñan dun nivel de inglés medio axeitado a súa ocupación profesional que lles facilite a comunicación comercial nun centro de traballo, mellorando así a súa empregabilidade. |