Necesidades |
O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía,Emprego e Industria emitiu unha resolución pola que outorga ao Concello de Ferrol unha subvención para a posta en funcionamento do o.e. DUAL "COSTA VERDE" coas seguintes características:
- Núm. expediente: 15/0016/2018
- Especialidade: "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes" (AGAR0309)
- Importe: 288.807€
- execución: 9 meses (2018-2019)
No marco desde Obradoiro de Emprego, o uso da desbrozadora, así como os traballos de poda, forman parte da práctica das unidades formativas que configuran o certificado de profesionalidade "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes" (AGAR0309).
No obradoiro vaise desenvolver o proxecto de conservación e mellora de parcelas verdes de titularidade municipal (parcela 154 do polígono 15, parcelas 43, 44, 45, 46 e 47 do polígono 131 e na parcela 529 do polígono 19). Coa finalidade de levar a cabo ditas actuacións e necesario o aluguer de tres desbrozadoras (6 meses) e dunha podadora de gasolina (3 meses). |