Necesidades |
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria emitiu unha resolución pola que outorga unha subvención ao Concello de Ferrol para o desenvolvemento do PIE "Ferrol Inserta 7" coas seguintes características:
Expediente:TR332A/2017-24-0
Programa: "Ferrol Inserta 7"
Participantes: 85 persoas beneficiarias
Subvención: 120.000€
Cofinanciamento municipal: 30.000€
Execución: anualidades 2017 e 2018
O orientador laboral do programa "Ferrol Inserta 7", José Manuel Grandal Campos, emitiu un informe no que expón as necesidades e idoneidade do obxecto do contrato cuxo contido queda reflectido nos parágrafos seguintes e que se achega como soporte documental.
O obxectivo deste programa é conseguir que as persoas participantes dispoñan de ferramentas para o manexo de maquinaria auxiliar de construción e industria, así como a manipulación de cargas, que permita unha mellora na súa empregabilidade. |