Saúda do alcalde

Como alcalde de Ferrol e, por tanto, en representación da corporación municipal, quero dar a benvida a esta páxina web, unha xanela a través da cal calquera persoa, residente nesta cidade ou foránea, pode acceder a diferentes contidos de interese: desde información relacionada con procesos administrativos do Concello, ata coñecer e planificar roteiros de turismo polo municipio.

A implantación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos e a velocidade á que éstas avanzan, levan ás administracións a ter que dobregar esforzos para adaptarse ás necesidades dunha sociedade que cada vez esixe unha maior celeridade á hora de acceder á información e máis facilidades na tramitación administrativa. Pero, ademais, esta revolución tecnolóxica vai acompañada dun notable incremento da participación cidadá, polo que garantir dita participación e a opinión da sociedade é outro obxectivo para esta administración. Así, o Concello de Ferrol pretende estar á altura e ofrecer unha páxina web moderna, dinámica e accesible, avanzando con paso firme cara á administración dixital. Como máximo responsable da institución municipal, traslado o meu compromiso, así como o do meu equipo de goberno, a poñer da nosa parte para avanzar na consecución dos obxectivos de información e participación para, deste xeito, conseguir un Concello aberto, moderno e transparente.

Ángel Mato Escalona

Alcalde de Ferrol

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar