Limpeza

Os Perrrecicladores

QUE FAN OS PERRRECICLADORES?

Os Perrrecicladores ensinamos aos Ferroláns a separar os residuos como é debido!

Dende a nosa base no Punto Limpo de Ferrol, axudamos a todos os nosos veciños e veciñas a facer un bo uso dos contedores.

Únete a nós e fagamos da nosa cidade un lugar mellor!

QUE CONSEGUEN OS PERRECICLADORES AO RECICLAR?

Ao reciclar consegues que Ferrol sexa unha cidade máis sostible e, ademais, axúdasnos na nosa loita contra o cambio climático!

Perrrecicladores!

Reducimos, Reciclamos e Reutilizamos!

Idro

Eu son Idro! Gústanme moito os zumes e refrescos e podo facerme invisible!

O meu contedor é o verde e nel se deben botar:

  • Botellas de vidro de calquera cor.
  • Tarros de vidro.
  • Frascos de conservas.
  • Frascos de colonia.

Lembra! Non se poden botar: Vasos, copas de cristal, espellos, as tapas dos tarros, bombillas, ...

Pel

Eu son Pel! Son moi intelixente e gústame ler todo o que me cae nas patas!

O meu contedor é o azul e nel se deben botar:

  • Xornais e revistas
  • Caixas de cartón
  • Libros
  • Bolsas de papel
  • Cartóns de ovos
  • Envases de papel

Lembra! Non se poden botar: papeis sucios ou plastificados, briks, papel de aluminio, ...

Tico

Eu son Tico! Encántame xogar coas latas e podo voar!

O meu contedor é o amarelo e nel se deben botar:

  • Latas de conservas
  • Tapas de frascos
  • Briks (leite, zumes,...)
  • Botellas de plástico (auga, refrescos, ...)
  • Bolsas de plástico

Lembra! Non se poden botar: Xoguetes, ropa ou outros obxetos que non sexan envases

PUNTO LIMPO

¿Que é o Punto Limpo?

O punto limpo é unha instalación especial onde toda a cidadanía pode depositar de forma gratuíta aqueles residuos que polo seu gran volume ou pola súa perigosidade deban recibir un tratamento especial distinto do vertido.

No interior das instalación existe un colector para cada tipo de residuo, de forma que a cidadanía ten claramente identificado onde debe depositar estes residuos.

¿Como utilizamos o Punto Limpo?

  • Só se admiten residuos xerados por particulares do Concello de Ferrol
  • Non se admiten residuos de orixe industrial
  • Á entrada do recinto, o encargado das instalacións toma nota dos residuos e informa sobre onde depositalos
  • Se o usuario vai depositar máis dun residuo deberá facelo por separado depositando cada un no seu colector correspondente. Así mesmo, cando un obxecto estea formado por máis dun material debe ser desmontado na medida do posible co fin de incorporar cada fracción do residuo no seu colector correspondente
  • O recinto conta con sinalización, constituída por paneis informativos que identifican os colectores e os residuos que hai que depositar neles

Residuos admitidos e cantidades máximas de entrega por usuario e mes

  • ACEITES MINERAIS (40 L)
  • ACEITES VEXETAIS (40 L)
  • AEROSOIS (15 unidades)
  • BATERÍAS (5 unidades)
  • ENTULLOS (100 kg)
  • ELECTRODOMÉSTICOS E EQUIPOS (3 unidades)
  • FRIGORÍFICOS (1 unidad)
  • FLUORESCENTES (15 unidades)
  • XARDINERÍA (1000 L)
  • MADEIRAS (100 kg ou 4 unidades)
  • METAIS (100 kg ou 6 unidades)
  • ORDENADORES (1 unidad)
  • PAPEL-CARTÓN (25 kg)
  • P.V.C. (7 kg)
  • PILAS (3 kg)
  • PINTURAS (10 kg) PLÁSTICOS (25 kg)
  • RADIOGRAFÍAS (20 unidades)
  • VIDRO PLANO (10 kg)
  • BATERÍAS E ACUMULADORES (2 unidades)
  • ABSORBENTES CONTAMINADOS (0,5 kg)
  • ENVASES VACÍOS CONTAMINADOS (2 unidades)
  • TÓNER DE IMPRESORAS USADOS (5 unidades)
  • DISOLVENTES E LÍQUIDOS DE LIMPEZA (0,5 L)
  • RESIDUOS VOLUMINOSOS (3 unidades)

Lembra que...

  • Cos puntos limpos evitamos o vertido incontrolado de residuos voluminosos que non poden ser recollidos de maneira convencional (entullos, mobles, electrodomésticos, etc.)
  • Cos puntos limpos reducimos a presenza de residuos perigosos no lixo ou na rede de saneamento
  • Cos puntos limpos incentívase a reciclaxe e a posterior reutilización dos residuos, conseguindo así un aforro enerxético e de materias primas
  • Cos puntos limpos axudamos a conservar o medio ambiente

¿Que se fai cos residuos?

Os residuos recollidos no punto limpo serán remitidos por xestores e transportistas autorizados a diferentes instalacións de tratamento, reciclado, incineración ou vertido controlado

O seu aproveitamento é moi diverso: cos aceites de cociña pódense facer xabóns, velas, pinturas, pensos, lubricantes e biodiesel para vehículos; das pilas do botón aprovéitase o mercurio, mentres que das normais pódese recuperar o sulfato de zinc e as sales de magnesio, das lámpadas fluorescentes aprovéitase o vidro e o mercurio, etc.

¿Onde está?

Localización

Horario

De luns a venres: De 10h a 14h e de 17 a 19:30h

Sábados: De 10h a 13:30h

Domingos: Pechado

Teléfono: 981 32 51 39

MANTÉN LIMPA A TÚA CIDADE

Os traballadores do servizo de limpeza do Concello de Ferrol fixeron un gran esforzo durante a pandemia velando pola nosa saúde e benestar. Hoxe, podemos axudarlles con pequenas accións tan simples como non ensuciar as nosas rúas, e así, entre todos, facer de Ferrol unha cidade máis limpa.

Axuda aos que nos coidaron e nos coidan, son os mesmos héroes, con distinto traxe. Mantén limpa a túa cidade.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar