Trámites

Solicitude de acceso á información pública

Oficina responsable

Oficina Participación cidadá
Dirección Praza de Armas, s/n. Segunda planta. 15402 Ferrol
Teléfono 981.944.015 / 981.944.000 Ext. 219
Fax
Email participacion@ferrol.es
Horario Luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Descrición do trámite

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder do Concello de Ferrol.

O dereito de acceso á información pública exercerase conforme ao procedemento establecido na Ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización de datos do Concello de Ferrol, non sendo necesario que a/o solicitante motive a súa solicitude de acceso á información.

Información previa

A/O solicitante, débe cumprimentar o formulario de solicitude de acceso á información á que se quere ter acceso, sinalando a identidade da/o mesma/o, a información que solicita, un enderezo de contacto, así como a forma na que desexa recibir a información.

A presentación da solicitude pode realizarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Ferrol (Planta baixa) en horario de 09:00 a 14:00 horas
  • Portal do Cidadán do Concello de Ferrol

O sentido do silenzo administrativo será NEGATIVO

Documentos relacionados

Documentos para presentar

Lexislación relacionada

  • Ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización de datos do Concello de Ferrol
  • Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia
  • Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

Tramitación

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar