Inscrición ou modificación dos datos do padrón
Oficina |
Estatística |
Dirección |
Praza de Armas, s/n. Planta baixa. 15402 Ferrol |
Teléfono |
981.944.024 |
Fax |
981.944.028 |
Email |
estatistica@ferrol.es |
Horario |
Luns a venres de 9:00 a 14:00 h. |
No Padrón municipal deben estar dadas de alta todas as persoas que habiten no municipio, sean nacionais ou estranxeiras e, neste último caso, teñan ou non regularizada a súa situación no Rexistro do Ministerio do Interior. |
- Se se solicita a inscrición por traslado de residencia, indique no recadro correspondente o municipio e provincia de procedencia. Se procede do estranxeiro, indique o país e, de ser o caso, o consulado español onde estaba inscrito. Se é o caso de tralado de domicilio dentro do mesmo municipio indique no recadro: mesmo municipio.
- Se se trata da inscrición dunha persoa que non estivese empadroada con anterioridade en ningún municipio, indique no recadro do municipio de procedencia: ningún. Do mesmo xeito cubrirase este recadro para a inscrición de nenos acabados de nacer.
- Para a correción e actualización dos datos que constan na súa inscrición padroal, risque o dato incorrecto e escriba o correcto no espazo ou recadro situado debaixo deste.
- A folla cuberta debe ser asinada pola persoa que realiza o trámite, se o seu obxecto é a corrección ou actualización de datos. Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todos os maiores de idade que se inscriban. De se incorporaren novos habitantes a unha folla existente, ademais deberá asinar a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figura inscrita na folla.
- Cubra o recadro Número de persoas inscritas nesta folla, para garantir a inalterabilidade dos espazos que puidesen quedar en branco.
- Se ten algunha dúbida, resolveráselle no momento de presentar a folla no Concello.
|
Documentos para presentar
- Folla padroal cuberta e asinada.
- Documento que acredite a identidade das persoas inscritas (DNI, tarxeta de estranxeiro, pasaporte, etc. libro de familia para os menores de 15 anos).
- Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo actual expedido pola compañía suministradora de teléfono, auga, electricidade, etc.). Este documento non é preciso no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.
- No caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.
|
- Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais (artigos 61)
- Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (artigos 204 e 205)
|