Conforme ao disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Serán incorporados aos ficheiros do Concello de Ferrol para a tramitación das reclamacións e suxestións relacionadas cos servizos municipais. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros, mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada LO 15/1999.
NORMATIVA APLICABLE
- Capítulo III do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, aprobado polo Pleno do Concello de Ferrol o 9 de xullo de 2009 (publicado no BOP da Coruña núm. 256, do 02/12/2009).
- Instruccións para a aplicación do capítulo III do Regulamento de Participación Cidadá no relativo a suxestións e reclamacións.
INFORMACIÓN
- Enténdese por suxestión calquera proposta destinada a mellorar a prestación dun servizo de índole municipal ou a calidade do mesmo.
- As reclamacións serán aquelas que se presenten en relación ás deficiencias dun servizo municipal e teñan por obxecto a corrección das mesmas, estando excluídas todas aquelas que teñan un contido económico, versen sobre un procedemento xudicial aberto ou teñan por obxecto a revisión dun acto municipal.
- Todos os cidadáns teñen dereito a presentar reclamacións e suxestións sobre as materias de competencia municipal e sobre o funcionamento dos servizos.
- A presentación dunha reclamación ou suxestión require a presentación de copia do documento oficial de identidade ou á súa exhibición ante o/a funcionario/a do Rexistro Xeral do Concello.
- Tanto as persoas físicas como as xurídicas poden exercer este dereito.
- As reclamacións formuladas no presente modelo en ningún caso terán a cualificación de recursos administrativos nin paralizarán os prazos establecidos na normativa vixente para interpoñelos.
- O reclamante pode desistir en calquera momento da súa petición, mediante declaración expresa dirixida ao Concello de Ferrol.