mércores, 27 de novembro de 2024
O acendido das luces de Nadal será o domingo, 1 de decembro, con música en directo e co equipo do Baxi
Máis de 500 motivos lumínicos adornarán a cidade a partir das 19:30 horas, encabezados por unha árbore de Nadal de 20 metros de altura. Haberá música en vivo con DJ El Pulpo e os valencianos Babalu Band
O acendido das luces de Nadal en Ferrol terá lugar o vindeiro domingo, 1 de decembro, ás 19.30 horas. Como é habitual, a praza de Armas acollerá a celebración, que comezará ás 18.00 horas cunha sesión de música a cargo de DJ El Pulpo, que repite visita tras o éxito do ano pasado. A continuación, en torno ás 19:30 horas, o equipo de baloncesto feminino Baxi Ferrol será o encargado de premer o botón do acendido, co que arrancan os festexos do Nadal ao iluminar o elemento central: unha árbore lumínica de máis de 20 metros de altura.
Cerrará a xornada a formación valenciana Babalu Band, co animado repertorio musical do seu espectáculo Swing for Christmas, no que se inclúen temas tan recoñecibles como Jingle Bells; White Christmas, Santa Claus está en la ciudad ou os éxitos All I want for Christmas is you, de Mariah Carey e Last Christmas, de Wham!
Tamén desde o domingo está previsto que se instalen atraccións de feira na praza de España, espazo que, así mesmo, se adornará cun Belén luminoso.
Outro dos puntos de referencia será a praza de Amboaxe, donde este ano lucirán as letras luminosas de Ferrol e se instalará un pingüín xigante, entre outras composicións luminosas.
Ademais, unha carpa aloxará no Cantón a fábrica de Papá Noel a partir do 13 de decembro, que abrirá as súas portas para que os máis pequenos se adentren no máxico mundo dunha experiencia única.
Ferrol contará así en Nadal con 350 arcadas, 33 árbores decoradas e 32 motivos en prazas aos que se sumarán máis de 100 arcadas e motivos de Nadal que son propiedade do Concello de Ferrol.
A partir do 8 de xaneiro procederase á desmontaxe, que deberá estar rematada no prazo de catro semanas.
LUCES DE NADAL NO RURAL
O alumeado das luces de Nadal no rural ferrolán terá lugar o xoves, 5 de decembro, nas inmediacións do local veciñal de A Cabana, tamén con actuacións musicais.