mércores, 27 de novembro de 2024
Presentación de ‘Eu vou comigo’, a curtametraxe de Chelo Loureiro contra a violencia de xénero
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, subliñou no acto, enmarcado no 25N, o ‘total compromiso do Concello na loita contra a lacra’ que eleva a 41 o número de mulleres asasinadas no que vai de ano
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu esta tarde á presentación da última creación audiovisual que leva o selo da ferrolá Chelo Loureiro, nun acto enmarcado no calendario de celebracións do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Baixo o título Eu vou comigo, o teatro Jofre foi o escenario da estrea da referida película, de contido educacional, coa que o Concello de Ferrol pretende fomentar a igualdade, a autoestima e a prevención das violencias na infancia.
Pola súa banda, o rexedor amosou, unha vez máis, a admiración polo traballo da laureada creadora local, que atesoura catro Premios Goya, e a que se referiu como “una das personalidades máis destracadas que a nosa cidade tivo a honra de ver nacer”. Rey Varela subliñou o “total compromiso do Concello de Ferrol na loita contra a lacra da violencia de xénero” e lembrou que no que vai de ano 41 mulleres foron asasinadas, “unha cifra que temos que frear entre todos”, instou o alcalde.
Tras a proxección, a compañía Mundo-Danza, de Jesús Quiroga, puxo o broche no teatro ferrolán.