Novas

luns, 25 de novembro de 2024

A instalación da árbore led de Nadal comezará esta semana

O contrato foi adxudicado á empresa Creacións Luminosas e a estrutura lumínica, que se localizará na praza de Armas, terá unha altura de 20 metros


A instalación da árbore led de Nadal comezará esta semana

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou de que a Xunta de Goberno local acordou a subministración, instalación e mantemento do cono luminoso Nadal 2024-2025 por un importe de 32.670 euros (IVE incluído) á empresa Creacións Luminosas.

A estrutura lumínica, que se localizará na praza de Armas e cuxa instalación comezará esta semana, terá unha altura de 20 metros, dous metros máis do esixido no prego.

A empresa adxudicataria subministrará os equipos (o cono, os equipos de son e iluminación e o sistema de control), procederá á súa montaxe, manterá o sistema durante o tempo total de instalación e farase cargo, tamén, dos traballos de desinstalación unha vez rematada a tempada o 7 de xaneiro.

A árbore contará con LED RGB programable con posibilidade de incluír textos personalizados, e con son sincronizado. Os pases de música e luz serán de tres por día, e a potencia máxima de alumeado será de 12.000 W.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar