sábado, 23 de novembro de 2024
O alcalde de Ferrol visita A Graña no marco do plan de barrios
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o concelleiro de Servizos, José Tomé, reuníronse esta tarde coa AVV de A Graña dentro do programa previsto polo plan de barrios.
“Seguimos escoitando as demandas veciñais a través do plan de barrios. Sabemos que queda moito por facer pero tamén avanzamos grazas a este plan, que permite unha actuación conxunta dos servizos municipais”, afirmou o alcalde.
Entre as principais actuacións, destaca a sega de zonas verdes municipais, no parque de A Graña e as da Praza Mariscal Pardo de Cela, sumando máis de 3.034 metros cadrados. Así como tarefas de poda e tratamento contra o picudo vermello.
Dende o servizo de conservación e mantemento de áreas infantís de xogo fixéronse melloras como a substitución do poste á entrada do parque e a recolocación de valado, así como a reparación e pegado das baldosas de caucho. En canto ao servizo de mantemento eléctrico, a Graña conta con 135 puntos de luz dependentes de catro cadros de manobra, 85 puntos de luz en dúas dependencias municipais e 18 elementos nun cruce regulado. A través deste servizo leváronse a cabo 10 actuacións para arranxar avarías ou solucionar incidencias que afectan o bo funcionamento das instalacións e de mantemento preventivo ten como finalidade a conservación das instalacións co fin de optimizar o seu funcionamento e prolongar a súa vida útil.
Ademais, dende o servizo de limpieza procedeuse ao desbroce e chapeo de varias zonas, así como a limpeza de contenedores, papeleiras e sumidoiros.
O plan de barrios comezará o luns en Canido.