sábado, 23 de novembro de 2024
Dominic Chamot, gañador do XXXIV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, clausurou esta tarde, no Auditorio de Ferrol, o XXXIV Concurso Internacional de piano Cidade de Ferrol.
O xurado proclamou vencedor a Dominic Chamot, sendo o segundo premio para Roberto Rumenov Iliev e o terceiro para Carlos de la Blanca Elorza. Este último tamén obtivo o premio ao mellor intérprete de música española, mentres que Sergio Gómez Rodríguez gañou o premio ao mellor intérprete galego.
Esta edición contou coa participación de 19 pianistas procedentes de 14 países e, esta tarde, os tres finalistas -Roberto Rumenov Iliev, Dominic Chamot e Carlos de la Blanca Elorza- actuaron xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. O rexedor gabou o seu talento e mestría co instrumento ao tempo que destacou as fondas raíces deste concurso na cidade.