sábado, 23 de novembro de 2024
Os IX Premios Paraugas converten Ferrol na capital da comunicación
Estes galardóns, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, poñen en valor a calidade do traballo feito por empresas galegas da industria
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu esta tarde á IX edición dos Premios Paraugas, que se celebraron por segunda vez consecutiva no teatro Jofre de Ferrol. Estes galardóns, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, son un referente no mundo da comunicación e do márketing en Galicia e sitúan á cidade departamental como capital do ámbito.
Ao longo da gala entregáronse un total de 18 premios, entre eles, o Paraugas de Ouro, ou o Premio Honorífico de Creatividade, que recaeu en Marta Rico e Miguel García Vizcaíno, e o de Comunicación, á xornalista María Rey.
Durante o acto, o rexedor felicitou a todos os galardoados neste magnífico escaparate que representan os Paraugas para Ferrol, e invitou a invitou a todos aqueles profesionais que se deron hoxe cita na cidade a coñecer o seu patriminio natural, industrial e cultural.