Novas

sábado, 23 de novembro de 2024

Concello, Xunta e Porto dan o primeiro paso para que Ferrol conte con chan industrial

O alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantiveron un encontro de traballo no que se abordou a posiblidade de desenvolvemento de solo deste tipo na contorna de Mandiá


Concello, Xunta e Porto dan o primeiro paso para que Ferrol conte con chan industrial

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, recibiu esta tarde á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, no seu despacho de alcaldía, no marco dun encontro de traballo no que tamén participou o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea.

Durante a reunión, abordáronse asuntos de interese para a cidade, como a creación de chan industrial a través das novas figuras de ordenación como as zonas de aceleración de proxectos empresariais e solo (ZAPES). “Levamos tempos avanzando nun dos temas estratéxicos desta cidade e temos a responsabilidade de liderar a recuperación económica de Ferrol”, afirmou o rexedor. Para iso, “fai falta solo industrial e traballar en novas fórmulas xurídicas que respondan a ese interese de aproveitar as potencialidades dunha cidade naval e en crecemento”.

Neste sentido, agradeceu a visita da conselleira e o compromiso da Xunta de Galicia con este obxectivo, “porque cando falamos de futuro, a clave é a unión de esforzos”. Así, fixo referencia á posibilidade de desenvolvemento de solo industrial na contorna de Mandiá a traves do ZAPES.

Lorenzana subscribiu esta idea dentro da estratexia de reindustrialización da comunidade autónoma que está a desenvolver a Xunta e atendendo ás “moitísimas oportunidades desde o punto de vista industrial, das enerxías mariñas, do almacenamento enerxético e da loxísitca” que ten Ferrol e a súa comarca. “Hoxe damos un paso máis, tendo en conta que para o desenvolvemento necesitamos máis solo”, asegurou. “É imprescindible crear novas figuras de desenvolvemento do solo industrial como as ZAPES, que permiten crear pequenos polígonos onde existe demanda de empresas para instalarse, e desenvolver ese pequeño polígono”, engadiu a conselleira, facendo fincapé en que un dos beneficios dos ZAPES é que “desenvolve a ordenación urbanística conxuntamente cos proxectos empresariais concretos”.

Ademais, “reduce a media de 10 anos que supón facer unha grande área empresarial a un ano e medio para que os proxectos poidan comezar a súa construción”.

Fran Barea saudou esta iniciativa de chan industrial, que permite que sexa empregado por empresas que “poderán ter, despois, saída a través do porto de Ferrol”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar