venres, 22 de novembro de 2024
O horario de peche dos establecementos de ocio ampliarase dúas horas os días 24 e 31 de decembro
O concelleiro de Festas, Arán López, informou ao respecto na comisión da área celebrada esta mañá
O concelleiro de Festas, Arán López, informou na comisión da área da ampliación do horario de peche dos establecementos de ocio e entremento os días 24 e 31 de decembro. “Esta decisión está dentro do supostos de festas e verbenas populares susceptibles de prolongación do horario nocturno”, adiantou concelleiro.
López recordou que durante o Nadal o Concello de Ferrol realizará unha de programación especial para dinamizar as rúas e que se enchan de xente, sendo necesaria nalgunha das datas a ampliación de horarios, como é para os días 24 e 31 de decembro.
Segundo o establecido na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, así como no artigo 9.1. e 9.5. da Orde da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia do 23 de outubro de 2020, establécese como competencia do Concello a antedita ampliación horaria de dúas horas sobre a hora de peche dos locais ou establecementos de ocio e entretemento, así como das actividades a realizar nos supostos de festas.
Por iso, o Concello de Ferrol vén de adoptar todo a ampliación do horario de peche en dúas horas os días 24 e 31 de decembro para os locais de ocio e entretemento da cidade.