xoves, 21 de novembro de 2024
Os tres finalistas do Concurso Internacional de Piano actuarán mañá no Auditorio
A final está previsto que comece ás 20 horas
A organización do XXXIV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol comunicou o nome dos tres finalistas que actuarán, mañá, neste orden alfabético por apelido, criterio que se mantén desde a realización do sorteo do primeiro día: o búlgaro Rumenov Iliev, Roberto; o suízo-alemán Chamot, Domic e o español De la Blanca Elorza, Carlos. Hoxe os tres finalistas ensaiaron coa Orquestra Sinfónica de Galicia en A Coruña.
Na xornada de mañá coñecerase se hai premio para o mellor intérprete galego (só había un, e é de Vigo) e para o mellor intérprete español. A entrada ao auditorio para asistir ao concerto final ten custe de cinco euros.