martes, 19 de novembro de 2024
Esmelle acolle este domingo unha nova edición do ciclocross Val de Esmelle
Trátase da oitava edición desta competición organizada polo Club BTT Esmelle e na que colabora o Concello de Ferrol
O concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey, e o presidente do Club BTT Esmelle, Antonio Grandal, presentaron esta mañá a VIII edición do ciclocross Val de Esmelle, que se celebrará o domingo 24 no Val de Esmelle. “Espérase que máis de 200 participantes se dean cita na Copa Galicia de Ciclo Cross-2024, na VIII edición do ciclocross Val de Esmelle”, adiantou o concelleiro. O prazo de inscricións finalizará este mércores ás 23.59 horas.
A competición comezará ás 10 horas e o punto de encontro é o anexo ao local da AVV Valle de Esmelle. Ás 10.00 horas están previstos o Máster 50 masculino, Máster 60 masculino e o Máster 30 masculino. Unha hora máis tarde o Máster 40 masculino, e ás 12.00 horas o podio das categoría disputadas. Ás 12.15 horas as probas cadete masculino- infantil masculino, ás 13.00 horas élite, sub 23 e junior feminino; cadetes e infantil feminino e máster feminino. Arredor das dúas da tarde, competirán élite e sub 23 masculino, junior masculino e, posteriormente, o podio destas categorías.
En canto aos premios, serán iguais tanto na categoría femenina élite e sub 23 como masculina élite e sub 23. Así o primeiro/a clasificado/a recibirán 100 euros cada un, os segundos 60 euros, os terceros 40 euros, os cuatros 30 euros e os quintos 15 euros.
A distancia será de 2.500 metros, o perfil é duro e haberá un máximo de cinco obstáculos artificiais (paso elevado, escaleiras, obstáculos, banco de area, dubis e furado).
Pola súa parte, o presidente do club BTT, Antonio Grandal, revelou que “é unha proba de ciclocross na modalidade máis antiga de ciclismo e é a única que se celebra en Ferrolterra”.
Grandal invitou á cidadanía a asistir a esta competición, “é unha proba moi bonita para ver e disfrutar”, unha invitación que tamén fixo o concelleiro de Deportes, “estas probas son eventos moi chamativos e espectaculares polo volume de xente e loxística que moven, pero tamén pola vistosidade da competición, polo que convidamos á xente a acudir o domingo”.