martes, 19 de novembro de 2024
«Sabores de Outono» exalta a través de tapas os produtos desta época do ano
O venres 22 e o sábado 23 de novembro terá lugar no barrio de Ultramar a primeira edición do Sabores de Outono, un evento no que colabora o Concello de Ferrol e que está organizado pola Asociación Ultramar Village. A través desta cita gastronómica exaltaranse os sabores típicos desta época do ano.
Os seis establecementos participantes ofrecerán ao longo das dúas xornadas tapas a un prezo único de tres euros cun denominador común: homenaxear os produtos e sabores propios do outono, combinando as elaboracións máis tradicionais con outras máis innovadoras.
As persoas participantes entrarán no sorteo de vales de cea por valor de 200 euros en cada local participante, o que supón sortear un total de 1.200 euros nestes premios.