Novas

luns, 18 de novembro de 2024

O orzamento do 2025, o terceiro do mandato, achégase aos 92 millóns de euros e cumprirá coas inversións comprometidas cos ferroláns no proxecto de cidade

Rey Varela: `Este goberno está cumprindo co obxectivo marcado de dotar a Ferrol dunha estabilidade orzamentaria anual, presentamos o terceiro orzamento do mandato cumprindo co obxectivo legal dun orzamento cada ano´


O orzamento do 2025, o terceiro do mandato, achégase aos 92 millóns de euros e cumprirá coas inversións comprometidas cos ferroláns no proxecto de cidade

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado da concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo, presentou, tras ser aprobado en XGL, o orzamento do 2025 que ascende a 91.914.004,72 euros. “Este goberno está cumprindo co obxectivo marcado de dotar a Ferrol dunha estabilidade orzamentaria anual, presentamos o terceiro orzamento do mandato cumprindo co obxectivo legal dun orzamento cada ano”, afirmou o rexedor. Rey Varela agradeceu a dedicación e esforzo realizado pola concelleira de Facenda, “sen a cal este orzamento non sería unha realidade xunto a todo o persoal municipal”.

O alcalde insistiu, unha vez máis, que “o orzamento é o principal instrumento da administración para o desenvolvemento das políticas públicas, e unha das súas principais características é a súa presentación e aprobación anual”. “Vimos de dous mandatos nos que Ferrol estivo caracterizado pola inestabilidade, o bloqueo de grupos políticos que se puxeron dacordo un minuto para elixir alcalde e despois catro anos enfrontados”, recordou. E a principal consecuencia foi a falta de xestión. “Sen orzamentos non se pode xestionar, nin sequera poñer en números o proxecto de cidade dun goberno”, afirmou.

O alcalde afirmou que, por iso, “a nosa responsabilidade, para responder á confianza dos ferroláns que se uniron para que Ferrol tivese un goberno estable e un proxecto de cidade, era non perder nin un minuto para solucionar os graves problemas económicos do Concello”. E entre os cometidos previstos para afrontar esta situación están iniciar unha profunda reorganización municipal, comezar a regularizar os servizos do día a día, iniciar a redacción dos ambiciosos proxectos de transformación para facelos realidade nestes catro anos e liderar a recuperación da cidade.

TRES ORZAMENTOS EN 17 MESES

No ano 2023 o Concello de Ferrol comezou cunha senda de estabilidade orzamentaria, asegurou o rexedor, aprobando un orzamento de 78.865.879,85 euros, incrementando un 21,30% o orzamento inicial prorrogado do 2023 e un 20,87% respecto do orzamento inicial prorrogado do 2022. Neste ano 2024 continuouse aprobando un orzamento de 92.183.850,82 euros, a cifra máis alta da historia de Ferrol e que supuxo un incremento do 16,89% con respecto ao orzamento aprobado no 2023. O orzamento do 2025 dará continuidade aos compromisos firmes orzamentarios doutras administracións como o convenio con Defensa, Abrir Ferrol ao mar, a Cidade do deporte e o saneamento da zona rural. “A planificación, seriedade e rigorosidade no manexo dos fondos públicos son maneiras de proceder que aseguran a atención á cidadanía, así como a solvencia e credibilidade financieira da administración”, apuntou. Así o orzamento para o 2025 acada os 91.914.004,72 euros, manténdose en cifras similares ao orzamento do 2024 e incrementando un 16,54% respecto ao do 2023.

Co obxectivo de cumprir cos proxectos diseñados cos ferroláns no ano 2023 asignáronse 10,3 millóns de euros, que permitiron comezar a traballar nas actuacións comprometidas e realizar unha planificación plurianualizada ata o ano 2027. No ano 2024 contempláronse 21.407.470,57 millóns de euros de investimento e para o 2025 destinaranse 16.622.253,46 millóns de euros e inclúe un crédito de 8,8 millóns de euros. “Grazas a estes tres orzamentos no ano 2025 teremos en licitación os grandes proxectos de transformación da cidade cun investimento de máis de 40 millóns de euros para a súa execución nos vindeiros anos”, revelou, e “por cada euro que nos endebedamos, conseguimos outro doutra Administración”.

Rey Varela asegurou que “durante estes meses estivemos traballando con planificación e coa finalización e redacción de proxectos ata o de agora inexistentes”. Este goberno traballa para que a través dos fondos europeos, cunha nova oficina de fondos creada, poida reducir o endebedamento que blinda os proxectos no horizonte de 2027, antes de que acabe este mandato. Foron tamén meses con profundas dificultades económicas- sinalou- e aínda quedan algunhas moi importantes por solucionar, que son o resumen de oito anos sen política orzamentaria, nin de ingresos. Por iso, “tamén esperamos que o novo departamento de Inspección permítanos igualar ingresos correntes e gastos correntes e reducir a carga fiscal antes de que remate o mandato en 2027”, confiu o rexedor.

O orzamento do 2025 seguirá blindando o gasto social, increméntase un 4% o gasto en políticas de benestar. Ademais, increméntase un 3% o gasto de persoal municipal; cultura, educación, deporte e turismo crecen un 61%. Tamén os servizos do día a día e o coidado da cidade crecen un 24,28%, mentres que a alcaldía descende un 3,39%.

CAPÍTULO DE INGRESOS

A concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo, agradeceu “a todas as persoas que traballaron en Intervención e nos demais servizos para conseguir que, unha vez máis, e xa van tres, Ferrol conte cun novo orzamento”, e pasou a detallar o documento.

Capítulos I, II e III (impostos, taxas e outros recursos)

Sanjurjo matizou que o establecemento das Regras Fiscais para o ano 2025, xunto ás circunstancias e á mala xestión que vén arrastrando este concello desde hai case 10 anos, fixéronse dous de oito orzamentos, pero só unha de oito modificacións das ordenanzas fiscais que fornecen de recursos os ingresos do orzamento, ocasionou que para o ano 2025 tíveranse que buscar solucións de cara ao equilibrio das contas públicas. Así revelou que para a realización do orzamento 2025 fíxose fronte a dous novos retos: “Equilibrar este orzamento coas regras fiscais e facer fronte ao preocupante sistema de ingresos que existe actualmente aprobando novas ordenanzas fiscais”.

Por iso, ante estas circunstancias, este Goberno adoptou a decisión de actualizar un único imposto de cara a facer fronte aos retos que se presentan no 2025. Actualízase o IBI e conxélanse todos os demais impostos municipais (IAE, ICIO, rodaxe e plusvalías) e as taxas. “A conxelación destes impostos e manter todas as bonificacións é clave para non prexudicar a recuperación económica da cidade, que esperamos acelerar para contar con máis contribuíntes e reducir, así, a presión fiscal os próximos anos”, confirmou Sanjurjo. Mantense a bonificación do 95% e a exención tributaria ata 30.000 euros na plusvalía nos casos de herdanzas para a vivenda habitual.

Estes orzamentos recollen tamén os ingresos que, en materia de abastecemento e saneamento, contemplan os orzamentos da empresa xestora do ciclo da auga, imprescindibles tendo en conta a situación de extrema dificultade económica na que este Goberno local atopou a dita empresa, logo de anos sen acometer as medidas que en cada caso eran demandadas con perdas acumuladas desde 2016 de 6.626.354,49 euros, recordou a concelleira.

Capítulo IV (Transferencias correntes)

Este Goberno local seguirá apostando polo traballo e o entendemento entre concellos e tamén coa Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado. Proba delo é que para o ano 2025 increméntanse duas veces máis as aportacións procedentes doutras administracións, un 3,93% de transferencias correntes ata chegar ata os 27.156.900,28 euros no ano 2025.



Capítulo V (Ingresos patrimoniais)

As expectativas en canto a ingresos patrimoniais mantéñense en cifras similares ás calculadas para o 2024, aumentando en 6.585 euros ata chegar aos 2.387.760,61 euros orzamentados.

Capítulo VII, VIII e IX (Transferencias de capital e ingresos financeiros)

A implicación das administracións no crecemento e na mellora da cidade vese reflectida nos ingresos de capital de financiamento alleo, orzamentados neste capítulo para acadar a cifra de 7.240.848,62 euros, desglosados no Anexo de investimentos como ingresos afectados, que proceden de Fondos Next Generation pero, sobre todo, dos convenios asinados entre o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia.

Os activos financeiros mantéñense na mesma previsión dos últimos anos, mentres o relativo ás operacións de pasivos financeiros prevese o importe necesario que permitirá continuar co camiño iniciado no ano 2023 de cumprir os compromisos adquiridos cos barrios e as zonas de Ferrol, tal e como se recollía no proxecto de cidade elaborado polos miles de ferroláns que participaron nel.

O endebedamento previsto, dentro das marxes legais cabais, en porcentaxe respecto dos recursos correntes, permitirá continuar de inmediato con todas as actuacións, sen prexuízo de manter a captación de fondos doutras administracións e de fondos europeos de reactivación, que faciliten complementar os importes necesarios para facer realidade o noso contrato cos ferroláns.

CAPÍTULO DE GASTOS

Capítulo I (Gastos de persoal)

A concelleira de Facenda adiantou que “para poñer fin ao incesante incremento de vacantes dos últimos anos e á merma constante de efectivos de persoal, no ano 2023 iniciamos o proceso de reorganización municipal máis ambicioso da historia deste concello”. Así, durante o 2024 incorporáronse novos funcionarios e persoal para garantir unha atención de calidade aos veciños e veciñas de Ferrol. No último ano, incrementouse en 25 traballadores o cadro de persoal municipal, cifra que “seguiremos aumentando no 2025 para facer realidade os grandes proxectos de transformación da cidade que xa comezamos ou para conseguir máis financiamento procedente doutras administracións e de Europa”, garantiu a edila. Ademais, completouse a estabilización de 103 persoas. Este mes o 95% do persoal quedará xa estabilizado e o 5% restante o mes que vén.

Para o 2025 destinaranse a gastos de persoal 23.725.168,54 euros, un incremento do 3% que permitirá dar cobertura a prazas que ata o de agora non contaban coa necesaria dotación orzamentaria e para reforzar áreas como deportes, servizos sociais, cultura...

Capítulo II (Gastos correntes en bens e servizos)

A regularización de servizos iniciada no ano 2023 e continuada no ano 2024 permitiu rebaixar un 5% os recoñecementos extraxudiciais, ocasionados por servizos que se atopaban sen contrato. Así, servizos como o mantemento das zonas verdes, os comedores escolares ou as axudas á dependencia atópanse nestes momentos regularizados ou preto de regularizarse.

Seguindo esa premisa, os gastos correntes en bens e servizos acadan no ano 2025 os 43.865.528,63 euros, un 8,51 % máis que no 2024, o que permitirá continuar co proceso iniciado no 2023 para reforzar os servizos do día e día prestando uns servizos de calidade e regularizando aqueles servizos que se atopan sen contrato como a subministración eléctrica, a limpeza viaria que incluirá os desbroces en zona urnaba e no rural, o mantemento de infraestruturas deportivas....

Capítulo III e IV (Gastos financeiros e transferencias correntes)

Os gastos financeiros para o 2025 increméntanse ata os 497.500 euros consecuencia do inicio do aboamento do préstamo solicitado no ano 2021. No relativo ás transferencias correntes suman 5.337.490,35 euros, segundo o establecido no Plan Estratéxico de Subvencións e no Anexo de Subvencións aprobados polo pleno do Concello de Ferrol.

Capítulo VI e VII (Investimentos reais e transferencias de capital)

Os investimentos para a transformación da cidade iniciada no ano 2023 e seguido no 2024 ten a súa continuidade nos orzamentos do 2025 acadando os 16.622.253,46 euros, grazas á colaboración e á corresponsabilidade con administracións como a Xunta de Galicia (máis de sete millóns de euros) ou o Goberno do Estado (preto de 200.000 euros). Grazas ao traballo e ao entendemento entre administracións podemos seguir plasmando con números o proxecto de cidade comprometido cos ferroláns que iniciamos o ano pasado, confirmou a concelleira.

As transferencias de capital para o ano 2025 mantéñense nos 21.325 euros.

Capítulos VIII e IX (Gastos financeiros)

Os activos financeiros do Orzamento Xeral do Concello de Ferrol para o 2025 seguen sendo 300.000 euros, como no último orzamento aprobado. Finalmente, os pasivos financeiros descenden a 1.544.738,74 euros, segundo estimación da amortización de préstamos vivos realizada pola Tesourería municipal.

Sanjurjo rematou afirmando que “este orzamento demostra con feitos, con números e non con palabras a importancia para este goberno de levar a cabo políticas centradas nos seus veciños e preocupadas por mellorar a súa vida”.


PROXECTOS A EXECUTAR EN 2025

Rey Varela afirmou que, por primeira vez, temos un plan estratéxico, que permite planificar as actuacións previstas con previsión e rigorosidade. No 2025 comezarán as obras de Abrir Ferrol ao mar, un proxecto de máis de 15 millóns de euros que, tras a súa finalización na zona portuaria, o ano que vén continuará por A Magdalena, Esteiro e Caranza.

Están previstas tamén as obras do proxecto de urbanización interior do Sánchez Aguilera e reurbanización do seu entorno, que permitirá a unión dos barrios de Canido, A Magdalena, Santa Marina, Ensanche A para poñer a disposición da cidadanía novas zonas verdes, novos aparcamentos e novos equipamentos. Esperamos que o Goberno do Estado cumpra coa dotación de vivenda pública neste espazo, apuntou, e seguiremos demandándolle ao que asine co Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia o convenio para a construción da estación intermodal.

Ademáis, iniciáranse as obras do proxecto da Cidade do deporte, que conta con 18 millóns de euros. Están previstas tamén outras actuacións como a modernización da administración electrónica, dotación de novos vehículos para a policía, bombeiros, Protección Civil e servizos, novas inversións en edificios municipais e mellorar as instalacións dos bombeiros e da policía.

En 2025 Ferrol contará co primeiro parque cuberto da cidade, así como cun parque con xogos de auga en A Malata. Está prevista a eliminación dos tapóns nas rúas Penas de Guitín en Catabois, Muíño do Vento en Canido e o da rúa Adolfo Ros en Ultramar. Levarase a cabo a renovación da rúa Rubalcava e mellorarase a accesibilidade nas rúas Sao Paulo, Padre Feijóo e Armada Española e nas vivendas de Recimil, xunto á rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética no edificio da rúa Ares.

O próximo ano finalizarán os procesos de compra iniciados para seguir mellorando o noso tecido social e asociativo como é o caso dos veciños de Ultramar ou de San Xoán”, aseverou Rey Varela. E tamén comezarán as obras de rehabilitación do edificio do Bambú Club e a reforma do Centro Cívico de Caranza. melloras no teatro Jofre e no Torrente Ballester e en todos os pavillóns deportivos dos CEIPs. E hai que descatar o compromiso para poder contar co Museo de Ferrol.

Por terceiro ano consecutivo, no orzamento está consignada a partida de investimentos demandada polas distintas parroquias da zona rural por un importe de 1,5 millóns de euros para mellorar a calidade de vida destes veciños. E licitaránse as obras do saneamento no rural, un proxecto pluarianualizado cunha inversión de 13 millóns de euros.

Con este resumo, alcalde concluíu afirmando que “os orzamentos do 2025 continúan a senda e o traballo iniciado no ano 2023, uns orzamentos que pensan no futuro da nosa cidade, nos nosos fillos, nos nosos maiores e en mellorar a vida de todos os ferroláns”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar