Novas

luns, 18 de novembro de 2024

Adxudicado o servizo de conservación e mantemento de zonas verdes, que levaba sete anos sen contrato

Amplíase o mantemento a novas zonas verdes e tamén o cadro de persoal en 20 traballadores máis aos que se lles dotará de nova maquinaria. `Satisfeitos xa que por fin regularízase a situación dun dos servizos máis importantes, que levaba dende o 2017 sen contrato´, manfiestou o alcalde


Adxudicado o servizo de conservación e mantemento de zonas verdes, que levaba sete anos sen contrato

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou que a Xunta de Goberno local aprobou adxudicar o servizo de conservación e mantemento de zonas verdes, arborado urbano e zonas deportivas dependentes do Concello de Ferrol á UTE S.A. Geseco-S.A e Copasa cunha contía fixa/anual de 3.131.270,67 euros (IVE incluído), cunha baixa sobre a licitación de 585.172,01 euros. Deste orzamento case dous millóns de euros, 1.949.659,1 euros, irá destinado a traballos de conservación e o resto, 1.181.611,57 euros, a traballos de limpeza. “Satisfeitos xa que por fin regularízase a situación dun dos servizos máis importantes, que levaba dende o 2017 sen contrato”, manifestou o alcalde. Esta situación permitirá non só mellorar o mantemento das zonas verdes da cidade, incluír novos espazos, senón tamén atender ás demandas laborais dos traballadores, como a actualización salarial.

O contato contempla unha cantidade anual de 121.000 euros (IVE incluído) para facer fronte ao pago das inversións non incluídas no prezo fixo para os traballos por valoracion, obra ou servizo. Esta cantidade variable ten o carácter de orzamento máximo e limitativo e constitúe unha mera previsión condicionada a cantidade de servizos que efectivamente realice a empresa contratista, en función das necesidades do Concello de Ferrol. Así o gasto estimado por anualidades é o seguinte: no 2024 1.858.221,34 euros e para inversión 42.350 euros; na anualidade 2025 3.716.442,68 e para inversión 121.000 euros; en 2026 para os traballos 3.716.442,68 euros e 121.000 euros para inversión; no 2027 contémplanse 3.716.442,68 euros e 121.000 euros para inversión e na anualidade do 2028 1.858.221,34 euros e 78.650 euros para inversión.

O prazo total de execución do contrato será de catro anos, a contar dende o día seguinte ao de formalización do contrato e poderá prorrogarse por outro ano máis sen que a duración total incluídas as prórrogas poida exceder de cinco anos (4+1).

MELLORAS DO CONTRATO

Entre as melloras que recolle o novo contrato está o incremento de número de traballadores de 29 a 49 e a dotación de cuartelillos en distintos puntos estratéxicos para facer o traballo máis eficiente e evitar desprazamentos innecesarios. Tamén a mellora nas instalacións principais, o incremento dos niveis de corte e poda, ademais de zonas que antes non estaban contempladas e que supoñían un gasto a maiores como o Bertón, Montón, Parque Ferrol, Ciudad Jardín, traseira do Torrente Ballester, rúa da Igrexa, Pardo Baixo ou a praza de Armas.

Os ferroláns merecen ter as zonas verdes, os parques e xardíns coidados e, lamentablemente, isto non sucede na actualidade, algo mudaremos coa entrada da nova adxudicataria”, sinalou, o que permitirá mellorar non só as condicións laborais dos traballadores, senón tamén que poidan ter maquinaria necesaria para o desenvolvemento do seu traballo en condicións óptimas e dignas, concluíu o rexedor.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar