luns, 18 de novembro de 2024
O Concello de Ferrol e a Facultade de Humanidades únense para promover actividades culturais
`O protocolo a asinar servirá para fomentar a formación entre o alumnado a través da organización de diferentes actividades que tamén acheguen a UDC á vida cultural da cidade e a súa contorna”, adiantou o alcalde
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou que a Xunta de Goberno local deu luz verde ao protocolo xeral de actuación entre o Concello de Ferrol e a Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade de A Coruña para a realización dun ciclo de conferencias. “É un exemplo máis da relación e colaboración entre esta administración local e o noso campus”, apuntou o rexedor. Este convenio servirá “para fomentar a formación entre o alumnado a través da organización de diferentes actividades que tamén acheguen a UDC á vida cultural da cidade e a súa contorna”, detallou.
O presente protocolo non debe interpretarse no sentido de crear unha relación legal ou financeira entre as partes. No caso de que a realización das devanditas actividades xerasen gasto, o mesmo correrá a cargo das dúas entidades por partes iguais.
A vixencia do protocolo será dun ano de duración dende a súa firma e poderase acordar unanimemente a súa prórroga por un período de ata un ano adicional ou a súa extinción.