Novas

luns, 18 de novembro de 2024

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero


A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e membros da corporación municipal gardaron un minuto de silencio ás 12:00 horas na praza de Armas pola última vítima de violencia de xénero.

Trátase dunha muller de 44 anos asasinada presuntamente pola súa parella e que levaba desaparecida desde o 21 de xullo de 2022. Non existían denuncias previas por violencia de xénero contra o presunto agresor. A vítima tiña un fillo maior de idade.

Coa confirmación deste caso, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España ascende a 41 en 2024 e a 1.285 desde 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poden recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; da canle do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar