Novas

sábado, 16 de novembro de 2024

O alcalde de Ferrol asiste ao 80 aniversario da Rondalla Añoranzas


O alcalde de Ferrol asiste ao 80 aniversario da Rondalla Añoranzas

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu esta tarde á celebración do octoxésimo aniversario da rondalla Añoranzas. “Quero felicitar a Añoranzas polo seu 80 cumpreanos, sodes unha das agrupacións máis lonxevas da cidade que contribúen a manter viva a nosa festa máis ferrolá, a noite das Pepitas”, manifestou o rexedor.

Esta rondalla naceu no barrio de Esteiro en 1944 co propósito de continuar a tradición de rondar á muller ferrolana na noite das Pepitas. Desde entón, pasou por diferentes etapas e o ano 1984 foi un punto de inflexión na súa traxectoria, dándolle de novo o impulso necesario para chegar aos nosos días. “Quero agradecer a todos os seus membros, desde a súa fundación, a todos os directores que pasaron por Añoranzas, así como a todas as madriñas porque todos sodes a verdadeira esencia das Pepitas”, afirmou o rexedor, que desexou á rondalla “como mínimo, outros 80 anos máis”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar