venres, 15 de novembro de 2024
Máis de 114.000 metros cadrados segados en Serantes a través do plan de barrios
O luns 18 este programa de actuación integral dos servizos municipais comezará Doniños
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado do concelleiro de Servizos, José Tomé, reuniuse esta mañá coa directiva da asociación de veciños de Serantes para detallar as actuacións levadas a cabo ao amparo do Plan de barrios. “Grazas ao plan de barrios podemos dar cumprimento a unha parte importante das demadas das entidades veciñas, trátase dun traballo coordinado dos diferentes servizos municipais que permite unha actuación integral”. Un plan- como avanzou o alcalde- que seguirase mantendo no tempo.
A través do servizo de conservación de zonas verdes e parques e xardíns segáronse 114.745 metros cadrados de superficie de zonas verdes, rotondas acceso norte, paseo marítimo, centro de salud, rúa 19 febreiro e no parque Torrente Ballester.
En canto, ás tarefas de limpeza leváronse a cabo tarefas de desbroce e chapeo, contenedores, papeleiras e sumidoiros, ademais das fontes e lavadeiros en Fonte de Xoane e dos lavadeiros de Os Corrais, Feira do Dous e Serantellos. Pola súa parte, o servizo de mantemento eléctrico realizou 36 actuacións, entre as de caráter correctivo e preventivo.
O luns 18 os diferentes servizos do plan de barrios comezarán os traballos en Doniños.