xoves, 14 de novembro de 2024
O concelleiro de Cultura participa en Santiago nunhas xornadas museísticas promovidas pola Xunta de Galicia
O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, participou esta mañá nas Xornadas museísticas organizadas pola consellería de Cultura, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Ponte Far, que no momento da súa intervención estivo acompañado da subdirectora xeral de Arquivos de Museos, Carme Calviño, e da xefa do servizo de Centros Museísticos, Marta Bermúdez, avanzou que “o Goberno local está a traballar para que a cidade teña o seu propio museo, Ferrol cun rico patrimonio cultural merece ter un espazo propio para que os ferroláns e os visitantes poidan disfrutar do mesmo”.