Novas

xoves, 14 de novembro de 2024

Rey Varela recibe á expedición de bombeiros, Protección Civil e Casaga que se desprazou á Comunidade Valenciana polos efectos da dana

O alcalde de Ferrol felicitou ao equipo polo seu carácter solidario e polo traballo realizado nun contexto de elevada esixencia, coñecida a magnitude da traxedia


Rey Varela recibe á expedición de bombeiros, Protección Civil e Casaga que se desprazou á Comunidade Valenciana polos efectos da dana

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto á concelleira de Seguridade, Pamen Pieltain, recibiu esta mañá á expedición que se trasladou durante catro días á Comunidade Valenciana para colaborar nas tarefas de rastreo e achique en poboacións afectadas pola dana.

Cinco bombeiros de Ferrol, catro membros de Protección Civil e tres membros de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), incluíndo á perra Lúa, foron felicitados polo rexedor polo seu labor, quen destacou que o motivo desta recepción foi trasladar o agradecemento da cidade de Ferrol polo traballo realizado entre o 4 e o 8 de novembro en zonas afectadas.

Rey Varela puxo de manifesto o carácter solidario do equipo, subliñando que en canto se tivo coñecemento da magnitude do impacto da dana, mobilizáronse e puxeron a disposición dos valenciáns os seus recursos humanos e materiais. Tras conversar con eles, reafirmou o importante labor efectuado nun contexto de elevada esixencia e polo que, ademais do recoñecemento da súa cidade, tamén obtiveron “o agradecemento da xente á que axudáchedes alí”, concluíu.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar