martes, 12 de novembro de 2024
A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e membros da corporación municipal gardaron un minuto de silencio ás 12:00 horas na praza de Armas pola última vítima de violencia de xénero.
Trátase dunha muller de 36 anos asasinada presuntamente pola súa exparella o pasado 8 de novembro na provincia de Pontevedra.
Coa confirmación deste caso, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España ascende a 40 en 2024 e a 1.284 desde 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.
Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poden recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; da canle do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.