Novas

luns, 11 de novembro de 2024

O Concello de Ferrol disporá dun crédito de preto de 12 millóns de euros para executar as inversións do orzamento 2024

A XGL vén de adxudicar esta operación á entidade Cajamar Caja Rural


O Concello de Ferrol disporá dun crédito de preto de 12 millóns de euros para executar as inversións do orzamento 2024

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, deu conta da aprobación por parte da XGL da adxudicación á entidade Cajamar Caja Rural, Sociedad Cooperativa de Crédito da concertación dunha operación de crédito a longo prazo por importe de 11.927.728,87 euros para executar e cofinanciar investimentos previstos no orzamento de 2024 e no proxecto de cidade.

“Quero destacar que a esta operación de crédito presentáronse seis entidades bancarias, un número importante que acredita a nosa solvencia económica, fiabilidade e xestión financieira”, apuntou Rey Varela.

Os seis bancos presentaron oferta para tipo de xuro variable e dous deles presentaron, ademais, para tipo de xuro fixo. “Neste contexto actual de baixada de tipos, considérase que é máis beneficioso para o concello o tipo variable, xa que está baixando e as estimacións macroeconómicas apuntan hacia ese senso”, revelou.

No anexo de investimentos do orzamento do 2024 recóllense os proxectos de gastos, así como o importe do préstamo que se destina a cada proxecto. O departamento de Intervención informou favorablemente o 29 de septiembre “a concertación desta nova operación de endebedamento xa que o Concello de Ferrol cumpre os requisitos de aforro neto positivo e porcentaxe da débeda viva sobre os dereitos por operacións correntes liquidados (58,57%), deducidos da liquidación de 2023, para poder endebedarse en 11.927.728,87 euros, e financiar os investimentos previstos no seu orzamento aprobado definitivamente para o ano 2024”.

O prazo da operación é de 13 anos, inclúe tres anos de carencia. O período de liquidación de xuros e amortización será trimestral sobre a base dun ano de 365 días e o euríbor é de +0,33 e revisarase trimestralmente. Ademais, esta operación non ten comisións.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar