Novas

luns, 11 de novembro de 2024

Nova adxudicataria para os servizos nos edificios culturais da cidade

Trátase da empresa Klemark Espectáculos Teatrales S.A


Nova adxudicataria para os servizos nos edificios culturais da cidade

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, avanzou que a Xunta de Goberno local aprobou adxudicar a prestación de servizos no teatro Jofre, auditorio, Centro Cultural Torrente Ballester/Capela e outros espazos e nas actividades culturais promovidas polo Concello á empresa Klemark Espectáculos Teatrales S.A.

A contratación deste servizo foi adxudicada a dita empresa cunha parte fixa para a xestión ordinaria dos espazos por un importe de 673.985,14 euros/ano (IVE incluido), cun aforro de 110.806 euros sobre o tipo de licitación. Este servizo estaba sen contrato dende o ano 2018.

Entre as melloras presentadas pola agora adxudicataria están unha mesa de son para a súa instalación no teatro Jofre e 20 unidades de proxectores. O prazo de execución do contrato será de dous anos, contados dende o día seguinte ao de formalización, e o contrato poderá prorrogarse por outros dous anos máis.

ÓPERA TOSCA

Os amantes da ópera poderán desfrutar o próximo día 20 de novembro do espectáculo Tosca de Puccini, no teatro Jofre, tras ser adxudicada a súa contratación á empresa Ópera 2001 SL por un importe de 8.470 euros (IVE incluido).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar