venres, 08 de novembro de 2024
Máis de 12.300 metros cadrados segados en San Felipe a través do plan de barrios
Os servizos municipais comenzarán os traballos de desbroces e limpezas o próximo luns en A Graña
O tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, e o concelleiro de Servizos, José Tomé, reuníronse hoxe coa directiva da AVV de San Felipe tras as diferentes actuacións levadas a cabo dentro do programa do plan de barrios. Así, a través do servizo de conservación de zonas verdes e parques e xardíns segáronse 12.355 metros cadrados nas zonas verdes do castelo de San Felipe.
Durante a semana do 28 de outubro ao 3 de novembro, Urbaser estivo realizando tarefas de desbroce e chapeo na estrada principal, no camiño alto e na zona do castelo e na de San Cristóbal. Tamén se limparon as fontes, lavadoiros e contenedores e desbrozáronse as cunetas.
En canto ao servizo de mantemento eléctrico, leváronse a cabo tres actuacións de mantemento correctivo.
O luns 11 os traballos comezarán no barrio de A Graña.