venres, 08 de novembro de 2024
Un total de 19 pianistas participarán no Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol
O certame alcanza este ano a súa XXXIV edición, na que estarán representados 14 países
O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, anunciou esta mañá, durante a celebración da comisión da área, que 19 pianistas participarán na XXXIV edición do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, que terá lugar do 15 ao 22 de novembro no teatro Jofre.
O prazo de inscrición xa está pechado e esta preto de vintena de virtuosos representarán a un total de 14 países: Corea do Sur, Polonia, Rusia, Alemaña, Lituania, China, Francia, Bulgaria, Australia, Estados Unidos, Inglaterra, Italia e Croacia e España, a quen representará os pianistas Marta Garijo García, Sergio Gómez Rodríguez, Carlos Luque Méndez, Mateo González, Noelia Navas Padilla e Eugenia Sánchez Durán.
Esta cita musical naceu no ano 1984 e conta con prestixio internacional, tanto polo nivel dos participantes como polo xurado que outorga os premios.