venres, 08 de novembro de 2024
Aberto o prazo de inscrición para a campaña de esquí 2025
Ferrol conta con 17 prazas para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos
O Concello de Ferrol contará con 17 prazas para nenos e nenas na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña na estación de Valgrande-Pajares (Asturias), para a que se abre hoxe o prazo de inscrición.
Os beneficiarios contarán con aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista entre o 24 e o 27 de xaneiro e participarán en cursos de esquí e actividades complementarias.
Como requisitos, os solicitantes deberán ter entre 11 e 15 anos, inscribirse no Concello e aboar 85 euros. O prazo de inscrición rematará o 2 de decembro e as prazas outorgaranse mediante sorteo público.
Máis información en https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/