Novas

xoves, 07 de novembro de 2024

Rey Varela inaugura o 41 Salón da muller na pintura

A exposición, promovida pola SAF, pódese ver na sala Curuxeiras ata o 18 de novembro


Rey Varela inaugura o 41 Salón da muller na pintura

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, inaugurou esta tarde na sala Curuxeiras a mostra As mulleres na pintura, organizada pola Sociedad Artística Ferrolana (SAF). “Este evento é un espazo de encontro e de celebración da arte feminina, un lugar onde a voz das mulleres artistas cobra vida e resoa con forza”, expresou o rexedor.

Rey Varela afirmou que “as vosas obras son un exemplo de multitude de formas de expresión e, ao mesmo tempo, nos permitides desfrutar dos vosos lenzos, dos vosos mundos e dos vosos sentimentos”.

O alcalde agradeceu a todas as pintoras que participan nesta mostra, así como á SAF pola organización de 41 edicións deste salón da pintura, e aproveitou para invitar á cidadanía a esta exposición, que se poderá visitar ata o 18 de novembro.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar