xoves, 07 de novembro de 2024
O alcalde de Ferrol visita o servizo de reforzo educativo
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, visitou estas tarde o servizo de reforzo educativo do Concello, que se desenvolve na ludoteca da praza de España.
Está enmarcado nos programas de emerxencia social e inclusión da Administración local e inclúe o reforzo, orientación e apoio ao alumnado para respaldar a súa educación, evitar o abandono prematura da etapa de escolarización obrigatoria, reducir o absentismo escolar e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.
Na ludoteca o rexedor tivo a oportunidade de ver en primeira persoa o traballo que realiza a educadora social que acompaña aos menores, centrado en técnicas de estudo, cos que se espera conseguir o óptimo desenvolvemento das competencias dos menores. Rey Varela agradeceu o labor que alí se realiza e destacou que a implicación das familias tamén resulta fundamental neste obxectivo.
O servizo de reforzo educativo do Concello de Ferrol ofrécese de luns a xoves en horario de tarde.