Novas

martes, 05 de novembro de 2024

O alcalde de Ferrol recibe á nova directiva da delegación de Alcer en Ferrol


O alcalde de Ferrol recibe á nova directiva da delegación de Alcer en Ferrol

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, recibiu esta mañá á nova xunta directiva da delegación de Alcer en Ferrol, que foi representada pola tesoureira, María José Brión, o coordinador, Alfredo Saborido, a responsable de administración, Ana Trasmonte, e a voluntaria, Ángeles Fernández.

Alcer ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades do ril e tamén das súas familias. Así mesmo, desenvolven actividades e programas de concienciación, a través dos que informan sobre a importancia da doazón e transplante de órganos e tecidos. Neste sentido, o rexedor tendeu a man a posibles colaboracións que redunden no benestar dos usuarios de Alcer.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar